CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

viernes, 24 de marzo de 2017

Día Mundial da Auga

O día 22 de marzo, os nenos e nenas do CEIP Pío Cabanillas Gallas, celebramos o Día mundial da auga, para así concienciarnos da importancia de facer un uso responsable dela. 

Para conmemorar esta celebración elaboramos tres pequerrechiños bonecos de neve e analizamos un vídeo sobre o coidado da auga.




Algúns consellos para aforrar auga:
  • Colocar 2 botellas dentro da cisterna (e aforrarás entre 2 e 4 litros cada vez que a uses).
  • Cerra o grifo ó lavar os dentes.
  • Dúchate en lugar de bañarte (aforraras máis de 150 litros en cada ducha)
  • Arranxa os grifos que gotean (poden chegar a perder ata 30 litros por día)
  • Rega ó anoitecer (así evitarás que a meirande parte da auga se evapore)
  • Enche ben o lavalouza e a lavadora.