CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

domingo, 12 de noviembre de 2017

jueves, 26 de octubre de 2017

Día da biblioteca

O pasado 24 de outubro conmemoramos Día Internacional da Biblioteca Escolar; e os nenos e nenas da UM2 deleitáronnos con uns preciosos relatos. 
Posteriormente, falamos da enorme importancia deste recurso educativo para a mellora das aprendizaxes.

APRENDENDO MÁIS E MELLOR DEDE A TÚA BIBLIOTECA ESCOLAR!!!




















lunes, 11 de septiembre de 2017

BENVIDOS Ó COLE

Un ano máis as portas do colexio están abertas para todos vós. 

Xuntos iniciamos unha longa viaxe. 

E os mestres e mestras do centro xa temos as maletas cheas de emocións, aventuras, descubrimentos, aprendizaxes... 

Estades preparados para acompañarnos?? 

...pois ÁNIMO e BOA VIAXE!!!!

lunes, 22 de mayo de 2017

A reciclaxe

Hoxe acudiu ó noso centro un traballador de eEcoembes que tratou de sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe dende as nosas casas. Lembrade que debemos REDUCIR os residuos que xeramos, REUTILIZAR os máximos posibles e, por último, RECICLAR, para que así poidan ser sometidos a un proceso de transformación para que poidan ser novamente empregados.




jueves, 18 de mayo de 2017

Excursión a Ourense

Día das Letras Galegas

Para celebrar este día tan especial, e recordar así a figura de Carlos Casares, realizamos unha pequena adaptación da obra de teatro "A GALIÑA AZUL"


Letras galegas

miércoles, 10 de mayo de 2017

A nena que quería navegar

Hoxe, no auditorio de Lalín, asistimos a unha fantástica obra de teatro cuxa temática xirou ó redor do acoso escolar. Unha obra para promover a empatía, os valores igualitarios e o respeto ós demais. Lograr a comprensión do que é o acoso escolar e fomentar unha visión crítica.

miércoles, 26 de abril de 2017

Unha contacontos no colexio

Ainda que este ano non coincidiu o Día Internacional do Libro coa xornada escolar, quixemos conmemorar igualmente o seu día traendo unha contacontos, para que así nos amosase as marabillosas historias que se poden agochar detrás dun libro.


martes, 28 de marzo de 2017

Charla sobre Violencia de Xénero

A Garda Civil dende o Plan Director, levou a cabo unha charla formativa para o alumnado de 5º e 6º de primaria sobre Violencia de Xénero.


O principal obxectivo deste Plan é facilitar ós nenos e nenas e adolescentes toda a información necesaria para:

-Previr conductas antisociais e machistas.
-Así como ser capaces de detectar este tipo de comportamentos.
-E dolalos de mecanismos para responder rápida e eficazmente ante situacións de violencia de xénero ou de calquera tipo de violencia que teña a súa orixe no sexismo.




lunes, 27 de marzo de 2017

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo celebramos o I Concurso de Poesía do CEIP Pío Cabanillas Gallas, conmemorando así o día Mundial da Poesía. 

Todo o alumnado do centro amosounos fermosas e divertidísimas poesías creadas por eles; tamén recitaron versos de Manuel María e ata representaron unha poesía de piratas. 

¡QUE ARTISTAS! 
 

viernes, 24 de marzo de 2017

Día Mundial da Auga

O día 22 de marzo, os nenos e nenas do CEIP Pío Cabanillas Gallas, celebramos o Día mundial da auga, para así concienciarnos da importancia de facer un uso responsable dela. 

Para conmemorar esta celebración elaboramos tres pequerrechiños bonecos de neve e analizamos un vídeo sobre o coidado da auga.




Algúns consellos para aforrar auga:
  • Colocar 2 botellas dentro da cisterna (e aforrarás entre 2 e 4 litros cada vez que a uses).
  • Cerra o grifo ó lavar os dentes.
  • Dúchate en lugar de bañarte (aforraras máis de 150 litros en cada ducha)
  • Arranxa os grifos que gotean (poden chegar a perder ata 30 litros por día)
  • Rega ó anoitecer (así evitarás que a meirande parte da auga se evapore)
  • Enche ben o lavalouza e a lavadora.

miércoles, 22 de marzo de 2017

Especies Invasoras

O pasado martes visitáronnos dous gardas forestais que nos amosaron a importancia de non introducir especies invasoras no noso territorio, xa que o destrúen e acaban desprazando as especies autóctonas a outras zonas e levádoas á extinción.



Especies Invasoras



Pincha sobre o seguinte enlace para ver un vídeo sobre o visón europeo (Visón Europeo In Danger)

domingo, 12 de marzo de 2017

Primeiros Auxilios

O pasado venres, o alumnado do CEIP Pío Cabanillas Gallas tivo a sorte de poder aprender e por en práctica algunhas técnicas de primeiros auxilios básicos, levadas a cabo pola Cruz Vermella de Lalín.


miércoles, 8 de marzo de 2017

Día Internacional da Muller

Á nosa nai, avoas, irmáns, curmáns, amigas, compañeiras, veciñas.... Gracias a todas vos por encher o mundo de luz e ledicia. 

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

lunes, 30 de enero de 2017

Aprendendo sobre a reciclaxe

Hoxe tivemos a oportunidade de poder aprender un pouquiño máis sobre a RECICLAXE. Agora, deberemos polo en práctica na escola e nos nosos fogares. E recordade cumplir a regra dos tres erres (3R):

REDUCIR
REUTILIZAR
RECICLAR



Concienciémonos sobre a importancia da protección da natureza!!!