CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

sábado, 26 de noviembre de 2016

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos  o día Internacional contra a violencia de xénero. E para iso, realizamos varias actividades. Entre elas, elaboramos un mural para amosar a nosa repulsa ante a violencia, onde participou todo o alumnado do centro. O lema foi:  

“UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”


sábado, 19 de noviembre de 2016

QUEREDES VER O BEN QUE SE PASA NO COLEXIO DE DOZÓN?

 NON VOS PERDADES O BEN QUE O PASAMOS ESTE ANO NO MAGOSTO....


AS NOSAS CARAS DINO TODO!


                       

viernes, 11 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

Hoxe celebramos o Magosto no colexio


Ás  13:00 acudiremos á estrea do Flashmob do Samaín e do conxuro de chuches na biblioteca! 


Que nervios!


Ás 13:30 comeremos unha deliciosa comida de magosto

Ás 14:30 faremos a degustación das castañas e deseguido xogos populares ata as 16:00



Pronto poderedes ver o ben que o pasamos aproveitando os froitos que nos dá o outono!

Flasmob Samaín 2016





Este ano no Samaín pasámolo moi ben,

 podédelo ver nestes dous vídeos.



O primeiro é un flashmob protagonizado por todo o centro:


                  


O segundo é o conxuro de chuches que fixemos na biblioteca, a letra do conxuro é moi orixinal e modificárona os alumnos e alumnas da UM2 coa súa mestra:



                  





O Noso Conxuro

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas,
Mestres, alumnos, esqueletos e curas,
Espíritos dos nevoados montes,
Nenos, nenas e maiores,
Feitizos da cociñeira
Que anda pola cociña lixeira.

Lume da Santa Compaña, negro meigallo,
Cheiro dos mortos, tronos e raios.
Peidos atufantes dos nenos
Cando se xuntan pra espantar o medo.
Cabezas ocas dos despistados,
Uñas porcas dos nenos mal lavados.

Con esta culler remexerei
A sangue, os vermes e caracois que aquí botei.
Vermes longos e ben mantidos,
Linguas de corvos que os deixaron lambidos.

¡Oíde, oíde! Oíde os berros,
Que dan os nenos, o ir ó recreo.
Por papar correndo, por papar deprisa,
Poñéndose malos, rebentándolle as tripas.
E pra cando esta mistura
Baixe polos nosos corpiños
Quedaremos libres dos mestres,
E de todo suspenso.

Forzas do ar, terra, mar e lume
Con vos comparto estas larpeiradas.
Se é verdade que tedes máis forza
Que estes cativeiros nenos
Eiquí e agora
facede que os espíritos
transformen esta pócema noxenta,
nunha larpeirada suculenta.

E despois de remexer e remexer,
Isto tedes que comer
Se non queredes suspender!!!

JAJAJA


CEIP Pío Cabanillas Gallas