CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

martes, 22 de diciembre de 2020

 AI CARMIÑA, 

QUE SERÁ DE NÓS 

SEN A TÚA COMIDIÑA...!

Cociñou, coidou, dou cariño, animou a estudar, foi cómplice, curou barriguiñas, saciou sede, escoitou, traballou moito ... por todos os nenos e nenas que pasaron polas súas mans no colexio de Dozón.

A nosa cociñeira hoxe merece unha mención especial     xa que a súa labor ao longo de 49 anos no CEIP Pío Cabanillas Gallas será insustituible. 

GRACIAS POR TODO ISTO QUE NOS DECHES!!!

Carmen, desfruta desta nova etapa, que a xubilación che traia moi bos momentos e algún para achegarte onda nós...

QUERÉMOSTE...



lunes, 21 de diciembre de 2020

 BO NADAL !!!

Que o 2021 chegue cheo de SAÚDE e BOS MOMENTOS COA FAMILIA e OS AMIG@S.


miércoles, 2 de diciembre de 2020

ESTREAMOS COMPOSTEIRO NO COLE

Hoxe, dende o PROGRAMA  REVITALIZA fixéronnos entrega de dous composteiros para dar un pasiño máis na posta en marcha  do noso HORTO ESCOLAR. 

Manifestamos o noso agredecemento ao PROGRAMA REVITALIZA da DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e ao CONCELLO DE DOZÓN pola súa colaboración.



domingo, 29 de noviembre de 2020

MAGOSTO 2020

AUGA QUE NO OUTONO CHOVE... QUITARAME DE PROBE

Un ano máis celebramos o Magosto no colexio de Dozón, xogos populares, cancións, refráns, degustación de castañas... aqui vos deixamos un pequeno recordo...










viernes, 19 de junio de 2020

FIN DE CURSO 2019/2020

UN FIN DE CURSO DIFERENTE ...

Hoxe, 19 de xuño de 2020 debería ser un día de celebración, festa, xogos, apertas, bicos, alegría,  emoción ... pero a situación que nos tocou vivir fai que teñamos que poñerlle fin ao curso 2019/2020 de xeito diferente... 
Gracias a toda a comunidade educativa do CEIP PíO CABANILLAS GALLAS pola súa implicación e dedicación, esperamos que este distanciamento físico non nos prive das lembranzas que nos deixaron os bos momentos estando xuntiñ@s.

Mención especial para o alumnado de 6º que hoxe pecha unha etapa da súa vida no colexio de Dozón e abre outra chea de ilusións e soños a cumprir, 

HÉCTOR, CHRISTIAN, LUCÍA F., LUCÍA L., ANTONIO E IAGO ATA SEMPRE, MOITA SORTE... TODO VAI SAIR BEN. VÉMONOS NA PRÓXIMA XUNTANZA.



Aquí queda un pequeno recordo virtual.


BOAS VACACIÓNS!!!

BO VERÁN!!!

miércoles, 29 de abril de 2020

# TODO VAI SAIR BEN

Emonionante vernos aínda que sexa a través da pantalla e con máis ganas que nunca de darnos unha GRAN APERTA...

jueves, 5 de marzo de 2020

DEPORTE ESCOLAR - FÚTBOL SALA

Despois de varios adestramentos fomos a demostrar as nosas habilidades no fútbol sala. Sabemos que o importante é participar e desfrutar do momento e... así foi...
SEGUIREMOS ANIMAD@S CON OUTROS DEPORTES...

sábado, 29 de febrero de 2020

jueves, 27 de febrero de 2020

CELEBRAMOS A NOSA AMIZADE

As persoas importantes non se buscan, 
a vida preséntachas!!!

domingo, 12 de enero de 2020

AGASALLOS de NADAL!!!

Como nos portamos moi ben e traballamos moito... 
Tivemos unha chea de 
agasallos de Nadal...