CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

viernes, 23 de noviembre de 2018

Campo a través

No día de hoxe, o CEIP Pío Cabanillas Gallas participou no programa XOGADE dentro da modalidade de Campo a través
O que se pretende neste tipo de actividades é principalmente loitar contra o sedentarismo e promover hábitos de vida saudable que perduren fóra do centro escolar ó longo de toda a vida.

domingo, 18 de noviembre de 2018

Sempre innovando

Dende o cole de Dozón queremos achegarlles todo o que traballamos nas aulas, para que así as familias se fagan partícipes do proceso de aprendizaxe do alumnado.

E como sempre tratamos de levar á aula metodoloxías novidosas e motivadoras, incorporamos unha nova ferramenta de avaliación, por medio da aplicación "Plickers".



Esta aplicación permítenos avaliar ó alumnado por medio dunhas tarxetas cuns códigos que son captados polo móbil obtendo a resposta do neno ou nena, e o emprego da pizarra dixital, onde se amosan as preguntas.

Ó tratarse dunha aplicación interactiva, desperta a curiosidade dos nenos e nenas e logra unha maior concentración e atención no que están a facer.

Traballamos co millo

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Almorzo saudable

O pasado martes, as nenas e nenos de Dozón disfrutaron dun saudable almorzo. Coñeceron así, outro tipo de alimentos para comezar o día, sen a necesidade de recorrer sempre ó consumo de alimentos saturados en graxas e azucres.
 
Este proxecto parte da necesidade de producir un cambio nos hábitos alimentarios na poboación infantil para reducir e evitar a obesidade infantil, na medida do posible.

viernes, 19 de octubre de 2018

Realidade Virtual na aula

Hoxe, os nenos e nenas da Aula Mixta 3, descubriron o sorprendente mundo da realidade virtual, a través dun vídeo sobre o Sistema Solar.

jueves, 31 de mayo de 2018

Polo correo do vento

Hoxe tivemos con nós ó grupo "Polo correo do vento", os cales tratan de promover a lectura, a comprensión oral, así como a creatividade e a expresión artística nos máis pequenos.



Excursión a Padrón

martes, 22 de mayo de 2018

Investigadores

Que divertido é analizar insectos!!!

Os proxectos de Rosalía

Este é o resultado final do traballo dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria sobre Rosalía de Castro
NO BICO UN CANTAR

lunes, 21 de mayo de 2018

RAP e ROCK AND ROLL


O rap de Rosalía

 
O rock and roll de Rosalía

Canción a Rosalía

Deleitádevos coa fermosa canción de NO BICO UN CANTAR, de Uxía, que as nenas e nenos de Dozón lle adicaron a Rosalía de Castro diante da súa casa, a Casa da Matanza.


lunes, 14 de mayo de 2018

As nosas mascotas

Hoxe dedicámonos a limpar a casiña das nosas mascotas

viernes, 27 de abril de 2018

Mesa de luz

As nenas e nenos de infantil fixeron fermosas composicións na mesa de luz.

Semana do Libro

Alumn@s do colexio de Dozón disfrutando de lecturas ó aire libre como conmemoración da SEMANA DO LIBRO. 
Como nos gustan estes días!!

lunes, 23 de abril de 2018

Día do Libro

Hoxe foi un día moi especial, xa que nos viñéron a visitar os nenos e nenas do colexio de Prado. Ademáis celebramos todos xuntos o día do libro cunha contacontos moi particular...
Tamén queremos darlles as gracias por os agasallos que nos trouxeron.

jueves, 19 de abril de 2018

MADRE NATURALEZA

Esta semana recibimos a visita dun garda forestal, o que nos amosou fascinantes curiosidades animais. Ademais, coñecemos a importancia do coidado da fauna da nosa contorna para manter un bo equilibrio entre ecosistemas.



A NATUREZA NON DEPENDE DE NÓS
NÓS DEPENDEMOS DELA
COIDÉMOLA
RESPECTÉMOLA
VALORÉMOLA

martes, 10 de abril de 2018

miércoles, 21 de marzo de 2018

Que rico!!

As nenas e nenos de infantil fixeron unhas deliciosas galletas!!

Mirade que boas lles saliron...





jueves, 8 de marzo de 2018

Día da Muller Traballadora

Con este vídeo queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres que forman parte das nosas vidas.
Gracias polo voso esforzo e agarimo. 

viernes, 23 de febrero de 2018

Pequenos científicos

Os pequenos científicos de infantil realizaron un experimento para crear "NEVE".
  
Experimentaron con ela realizando iglús, bonecos de neve, figuras...

E por fin empregámola para realizar o hábitat dos animais dos climas polares.

viernes, 2 de febrero de 2018

Conta atrás para o ENTROIDO!!!

O MECO DICE...



VENRES
DISFRACE LIBRE HOXE TOCA
PARA BAILAR POR TODA A PARROQUIA!!!!




XOVES


XA SE ACHEGA O GRAN DÍA
ALGO NOS PÉS POÑERÍA








ALGO POLO CORPO SEN RECHISTAR
O MÉRCORES TEREI QUE LEVAR



MARTES
CON MOITO GOZO
TRAERÁS ALGO NO PESCOZO


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------


LUNS
NON TE ESQUECERÁS
E ALGO NA CABEZA TRAERÁS 


jueves, 1 de febrero de 2018

GRACIAS FAMILIAS

Gracias á familia de Estela pola florida prímula.
E á familia de Diego por estas fantásticas sementes.




martes, 30 de enero de 2018

Celebrando o Día da Paz


Día da Paz 18 (<--PINCHA AQUÍ)

Día Escolar da Paz e da Non Violencia

Hoxe, 30 de Xaneiro, celebramos dende o colexio de Dozón o Día Escolar da Paz e da Non Violencia.

E quixemos conmemoralo cantando e bailando "O xogo da carrasquiña" do grupo Pes de Lan. E coa canción "Tu enemigo".