CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

viernes, 23 de noviembre de 2018

Campo a través

No día de hoxe, o CEIP Pío Cabanillas Gallas participou no programa XOGADE dentro da modalidade de Campo a través
O que se pretende neste tipo de actividades é principalmente loitar contra o sedentarismo e promover hábitos de vida saudable que perduren fóra do centro escolar ó longo de toda a vida.

domingo, 18 de noviembre de 2018

Sempre innovando

Dende o cole de Dozón queremos achegarlles todo o que traballamos nas aulas, para que así as familias se fagan partícipes do proceso de aprendizaxe do alumnado.

E como sempre tratamos de levar á aula metodoloxías novidosas e motivadoras, incorporamos unha nova ferramenta de avaliación, por medio da aplicación "Plickers".



Esta aplicación permítenos avaliar ó alumnado por medio dunhas tarxetas cuns códigos que son captados polo móbil obtendo a resposta do neno ou nena, e o emprego da pizarra dixital, onde se amosan as preguntas.

Ó tratarse dunha aplicación interactiva, desperta a curiosidade dos nenos e nenas e logra unha maior concentración e atención no que están a facer.

Traballamos co millo

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Almorzo saudable

O pasado martes, as nenas e nenos de Dozón disfrutaron dun saudable almorzo. Coñeceron así, outro tipo de alimentos para comezar o día, sen a necesidade de recorrer sempre ó consumo de alimentos saturados en graxas e azucres.
 
Este proxecto parte da necesidade de producir un cambio nos hábitos alimentarios na poboación infantil para reducir e evitar a obesidade infantil, na medida do posible.