CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

domingo, 18 de noviembre de 2018

Sempre innovando

Dende o cole de Dozón queremos achegarlles todo o que traballamos nas aulas, para que así as familias se fagan partícipes do proceso de aprendizaxe do alumnado.

E como sempre tratamos de levar á aula metodoloxías novidosas e motivadoras, incorporamos unha nova ferramenta de avaliación, por medio da aplicación "Plickers".



Esta aplicación permítenos avaliar ó alumnado por medio dunhas tarxetas cuns códigos que son captados polo móbil obtendo a resposta do neno ou nena, e o emprego da pizarra dixital, onde se amosan as preguntas.

Ó tratarse dunha aplicación interactiva, desperta a curiosidade dos nenos e nenas e logra unha maior concentración e atención no que están a facer.