CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

viernes, 29 de abril de 2022

Educación medioambiental. EDUCALECRÍN.

 Coñecemos un pouquiño máis a nosa contorna natural acompañada dos seres vivos que a habitan para aprender a apreciala e a respetala como se merece.

Deixamos mostra do interesante que foi este obradoiro e seguramente volvamos a repetir en próximos cursos.

 O medioambiente, o natural, onde os animais e as plantas son os protagonistas son temáticas coas que desfrutamos e aprendemos motivad@s sen esforzo. 




miércoles, 27 de abril de 2022

Educación Física na rúa

 No día de hoxe celebramos a gran festa do deporte, o día da Educación Física na Rúa. Alumnado e profesores 

saímos cara a praza da vila onde nos esperaban diversas estacións deportivas podendo realizar actividades de 

diversa índole. O obxectivo deste día é acercar a actividade física a toda a poboación trascendendo as paredes do noso 

centro educativo e recordando os grandes beneficios dun estilo de vida activo.

viernes, 22 de abril de 2022

Día do Libro 2022.

Co motivo do Día do Libro achágase ao noso colexio o xornalista e escritor Manuel Reyredactor no portal GCiencia
Traballou en varias etapas en La Voz de Galicia e Radio Voz e en 2017 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Científico por unha reportaxe sobre a Ataxia da Costa da Morte, tema que viu a luz no libro El mal sin cura de la Costa da Morte. (2019).
Coautor ademais de Pioneiras da ciencia en Galicia (2021) fainos conscientes no camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa Igualdade, tamén no eido científico. 
As mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas… todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio…
Ambos exemplares, agasallos que nos fixo chegar, quedan a bo recaudo na biblioteca do CEIP Pío Cabanillas Gallas.
Gracias Manuel por virnos facer partícipes das túas experiencias. 
Gracias ANPA por ofrecernos a posibilidade de contar con persoas tan profesionais e tan agradables no trato que tanto nos aportan ás nosas aprendizaxes.


viernes, 8 de abril de 2022

Taller Emocional - Manualidades Pascua 2022

Coñecendo as nosas Emocións. - Manualidades de Pascua 2022.

O venres 8 de abril da man de Educalecrín aprendemos a coñecer e xestionar as nosas emocións.

Ademais, para despedir este segundo trimestre traballamos a expresión artística con manuadilades de Pascua.

Esperamos que lles gusten.