CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

jueves, 22 de diciembre de 2016

Festival De Nadal 2016

Concurso de postais e adornos de Nadal

Este ano os gañadores do concurso de postais e adornos de Nadal foron:
Diana (UM2), Daniel (UM1) e Martín (Infantil)
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!


viernes, 16 de diciembre de 2016

INVITACIÓN PARA O FESTIVAL DE NADAL 2016

Dende o CEIP Pío Cabanillas Gallas desexámoslles unhas BOAS FESTAS e convidámolos ó FESTIVAL DE NADAL que terá lugar o mércores día 21 ás 11:00 da mañá.


sábado, 26 de noviembre de 2016

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos  o día Internacional contra a violencia de xénero. E para iso, realizamos varias actividades. Entre elas, elaboramos un mural para amosar a nosa repulsa ante a violencia, onde participou todo o alumnado do centro. O lema foi:  

“UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”


sábado, 19 de noviembre de 2016

QUEREDES VER O BEN QUE SE PASA NO COLEXIO DE DOZÓN?

 NON VOS PERDADES O BEN QUE O PASAMOS ESTE ANO NO MAGOSTO....


AS NOSAS CARAS DINO TODO!


                       

viernes, 11 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

Hoxe celebramos o Magosto no colexio


Ás  13:00 acudiremos á estrea do Flashmob do Samaín e do conxuro de chuches na biblioteca! 


Que nervios!


Ás 13:30 comeremos unha deliciosa comida de magosto

Ás 14:30 faremos a degustación das castañas e deseguido xogos populares ata as 16:00



Pronto poderedes ver o ben que o pasamos aproveitando os froitos que nos dá o outono!

Flasmob Samaín 2016





Este ano no Samaín pasámolo moi ben,

 podédelo ver nestes dous vídeos.



O primeiro é un flashmob protagonizado por todo o centro:


                  


O segundo é o conxuro de chuches que fixemos na biblioteca, a letra do conxuro é moi orixinal e modificárona os alumnos e alumnas da UM2 coa súa mestra:



                  





O Noso Conxuro

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas,
Mestres, alumnos, esqueletos e curas,
Espíritos dos nevoados montes,
Nenos, nenas e maiores,
Feitizos da cociñeira
Que anda pola cociña lixeira.

Lume da Santa Compaña, negro meigallo,
Cheiro dos mortos, tronos e raios.
Peidos atufantes dos nenos
Cando se xuntan pra espantar o medo.
Cabezas ocas dos despistados,
Uñas porcas dos nenos mal lavados.

Con esta culler remexerei
A sangue, os vermes e caracois que aquí botei.
Vermes longos e ben mantidos,
Linguas de corvos que os deixaron lambidos.

¡Oíde, oíde! Oíde os berros,
Que dan os nenos, o ir ó recreo.
Por papar correndo, por papar deprisa,
Poñéndose malos, rebentándolle as tripas.
E pra cando esta mistura
Baixe polos nosos corpiños
Quedaremos libres dos mestres,
E de todo suspenso.

Forzas do ar, terra, mar e lume
Con vos comparto estas larpeiradas.
Se é verdade que tedes máis forza
Que estes cativeiros nenos
Eiquí e agora
facede que os espíritos
transformen esta pócema noxenta,
nunha larpeirada suculenta.

E despois de remexer e remexer,
Isto tedes que comer
Se non queredes suspender!!!

JAJAJA


CEIP Pío Cabanillas Gallas

sábado, 29 de octubre de 2016

CONCURSO DE CABAZAS E BONECAS DE MILLO 2016/2017


O xurado este ano tívoo moi complicado, precisaron dunhas cantas horas para deliberar e valorar cada unha das creacións.


Uns días antes da celebración do Samaín colgáronse os resultados no taboleiro



Hoxe venres 28 chegou o día e por fin ese papel se destapou




A entrega de premios foi moi emocionante e estabamos moi nerviosos





Na categoría de Educación Infantil os premios foron para 








Na categoría da UM1 os premios foron para 


                            









 Na categoría da UM2 os premios foron para







Ademais houbo un premio por aula porque todos o fixemos xenial 











jueves, 27 de octubre de 2016

CONCURSO ANUAL DE CABAZAS E MAZAROCAS 2016/2017

   
CONCURSO ANUAL DE CABAZAS E MAZAROCAS 2016



Este ano no CEIP Pio Cabanillas Gallas os nenos/as xunto coas súas familias participaron no concurso anual de bonecas de millo e cabazas.





Houbo unha gran participación, e como non, as creacións foron impresionantes.


A continuación podedes ver un vídeo con todas as bonecas de millo  e outro coas cabazas deste ano.

                         


 
                          

miércoles, 26 de octubre de 2016

O noso cole dá medo!

Nesta semana estamos a decorar o centro para a realización dun flashmob

Decidimos decorar as portas do cole...

A porta da biblioteca







 A porta de Educación Infantil









Unidade Mixta 1



 

Unidade Mixta 2


        


 Gústanvos??



Pois aínda queda máis.... a continuación veredes como transformamos o colexio nun lugar terrorífico