CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

domingo, 6 de noviembre de 2022

 SAMAÍN 2022

Cada curso desfrutamos a tope coa celebración do Samaín. Aquí deixamos mostra do ben que o pasamos... conta atrás para o próximo... Que medoooooo!!!!!!





viernes, 30 de septiembre de 2022

Primeiros cumples do curso....

Rematamos setembro coa celebración dos cumples de  xullo, agosto e setembro.... 
Xuntiñ@s facémonos maiores... seguimos sumando por moitos anos máis...

viernes, 20 de mayo de 2022

Saída Pontevedra e Marín

O 20 de maio de 2022, con gran ilusión dispuxémonos destino a Pontevedra para visitar a cidade.

A continuación esperábamos Cesar no seu taller de intrumentos onde quedamos encantados coa dedicación e entrega que dá ao mundo da música tradicional, realmente de mérito esta labor.

Foi momento despois de recuperar enerxía no Lago de Castiñeiras onde desfrutamos dun merecido xantar nesta contorna tan acolledora.

Rematamos a xornada con multitude de aventuras no Ecoparque de Marín, agasallo da ANPA do CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS.

Queda mostra do ben que o pasamos nesta xornada na seguinte presentación.



domingo, 15 de mayo de 2022

Día da Familia 2022

 O 15 de maio celébrase o día da familia. Así nos dispuxemos a elaborar unhas galletas de avea, arándanos, améndoas e chocolate branco para levarlles e poder parar un bo en compaña dos nosos seres queridos.

Así nos sentimos, UNHA GRAN FAMILIA... celebrémolo.



miércoles, 11 de mayo de 2022

Plan Director. Exhibición Garda Civil - Tráfico - Seprona.

 A través do Plan Director de Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e o seu Entorno recibimos a visita da Garda Civil, Tráfico e Seprona.

Fixéronnos unha exhibición dos seus vehículos e asesoráronnos para unha educación vial segura.

Poder recordar o momento imitando o manexo destes vehículos fai que o vexamos moi interesante. 




miércoles, 4 de mayo de 2022

MUSICAL - MUSEO - LALÍN

 Hoxe, mércores 4 de maio de 2022 desprazámonos a Lalín para asistir ao musical de "La flauta Mágica" coñecemos así un pouco máis a Mozart e a súa obra.

Ao rematar merendamos no parque que está ao lado do salón teatro de Lalín e rápidamente tiñamos asistimos á cita que tiñamos no museo para ver a  exposición conmemorativa do ano Laxeiro. Contemplamos así as súas obras máis representativas e fomos artistas Laxeiros e Laxeiras por uns instantes.




viernes, 29 de abril de 2022

Educación medioambiental. EDUCALECRÍN.

 Coñecemos un pouquiño máis a nosa contorna natural acompañada dos seres vivos que a habitan para aprender a apreciala e a respetala como se merece.

Deixamos mostra do interesante que foi este obradoiro e seguramente volvamos a repetir en próximos cursos.

 O medioambiente, o natural, onde os animais e as plantas son os protagonistas son temáticas coas que desfrutamos e aprendemos motivad@s sen esforzo. 




miércoles, 27 de abril de 2022

Educación Física na rúa

 No día de hoxe celebramos a gran festa do deporte, o día da Educación Física na Rúa. Alumnado e profesores 

saímos cara a praza da vila onde nos esperaban diversas estacións deportivas podendo realizar actividades de 

diversa índole. O obxectivo deste día é acercar a actividade física a toda a poboación trascendendo as paredes do noso 

centro educativo e recordando os grandes beneficios dun estilo de vida activo.

viernes, 22 de abril de 2022

Día do Libro 2022.

Co motivo do Día do Libro achágase ao noso colexio o xornalista e escritor Manuel Reyredactor no portal GCiencia
Traballou en varias etapas en La Voz de Galicia e Radio Voz e en 2017 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Científico por unha reportaxe sobre a Ataxia da Costa da Morte, tema que viu a luz no libro El mal sin cura de la Costa da Morte. (2019).
Coautor ademais de Pioneiras da ciencia en Galicia (2021) fainos conscientes no camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa Igualdade, tamén no eido científico. 
As mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas… todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio…
Ambos exemplares, agasallos que nos fixo chegar, quedan a bo recaudo na biblioteca do CEIP Pío Cabanillas Gallas.
Gracias Manuel por virnos facer partícipes das túas experiencias. 
Gracias ANPA por ofrecernos a posibilidade de contar con persoas tan profesionais e tan agradables no trato que tanto nos aportan ás nosas aprendizaxes.


viernes, 8 de abril de 2022

Taller Emocional - Manualidades Pascua 2022

Coñecendo as nosas Emocións. - Manualidades de Pascua 2022.

O venres 8 de abril da man de Educalecrín aprendemos a coñecer e xestionar as nosas emocións.

Ademais, para despedir este segundo trimestre traballamos a expresión artística con manuadilades de Pascua.

Esperamos que lles gusten.






martes, 8 de marzo de 2022

8 M Día Internacional da Muller

Palabras de agradecemento á Manuel Rey Pan e a Eduardo Rolland por facernos chegar este agasallo a través da ANPA do noso colexio neste día tan especial.
Con moitas ganas de ler e de chegar a cumprir os desexos que aquí nos encomendades... 
Unha aperta grande desta pequena comunidade chea de ganas de aprender.




domingo, 30 de enero de 2022

Día Escolar da NON Violencia e da Paz

Día Escolar da NON Violencia e da Paz. 2022

Este ano para conmemorar que debemos rexeitar os actos violentos e unirnos pola Paz, preparamos a coreografía de "Una sola voz" de Macaco.

"A unidade é a variedade e a variedade na unidade é a lei suprema do Universo."