CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

martes, 28 de marzo de 2017

Charla sobre Violencia de Xénero

A Garda Civil dende o Plan Director, levou a cabo unha charla formativa para o alumnado de 5º e 6º de primaria sobre Violencia de Xénero.


O principal obxectivo deste Plan é facilitar ós nenos e nenas e adolescentes toda a información necesaria para:

-Previr conductas antisociais e machistas.
-Así como ser capaces de detectar este tipo de comportamentos.
-E dolalos de mecanismos para responder rápida e eficazmente ante situacións de violencia de xénero ou de calquera tipo de violencia que teña a súa orixe no sexismo.




lunes, 27 de marzo de 2017

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo celebramos o I Concurso de Poesía do CEIP Pío Cabanillas Gallas, conmemorando así o día Mundial da Poesía. 

Todo o alumnado do centro amosounos fermosas e divertidísimas poesías creadas por eles; tamén recitaron versos de Manuel María e ata representaron unha poesía de piratas. 

¡QUE ARTISTAS! 
 

viernes, 24 de marzo de 2017

Día Mundial da Auga

O día 22 de marzo, os nenos e nenas do CEIP Pío Cabanillas Gallas, celebramos o Día mundial da auga, para así concienciarnos da importancia de facer un uso responsable dela. 

Para conmemorar esta celebración elaboramos tres pequerrechiños bonecos de neve e analizamos un vídeo sobre o coidado da auga.




Algúns consellos para aforrar auga:
  • Colocar 2 botellas dentro da cisterna (e aforrarás entre 2 e 4 litros cada vez que a uses).
  • Cerra o grifo ó lavar os dentes.
  • Dúchate en lugar de bañarte (aforraras máis de 150 litros en cada ducha)
  • Arranxa os grifos que gotean (poden chegar a perder ata 30 litros por día)
  • Rega ó anoitecer (así evitarás que a meirande parte da auga se evapore)
  • Enche ben o lavalouza e a lavadora.

miércoles, 22 de marzo de 2017

Especies Invasoras

O pasado martes visitáronnos dous gardas forestais que nos amosaron a importancia de non introducir especies invasoras no noso territorio, xa que o destrúen e acaban desprazando as especies autóctonas a outras zonas e levádoas á extinción.



Especies Invasoras



Pincha sobre o seguinte enlace para ver un vídeo sobre o visón europeo (Visón Europeo In Danger)

domingo, 12 de marzo de 2017

Primeiros Auxilios

O pasado venres, o alumnado do CEIP Pío Cabanillas Gallas tivo a sorte de poder aprender e por en práctica algunhas técnicas de primeiros auxilios básicos, levadas a cabo pola Cruz Vermella de Lalín.


miércoles, 8 de marzo de 2017

Día Internacional da Muller

Á nosa nai, avoas, irmáns, curmáns, amigas, compañeiras, veciñas.... Gracias a todas vos por encher o mundo de luz e ledicia. 

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER