CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

martes, 28 de marzo de 2017

Charla sobre Violencia de Xénero

A Garda Civil dende o Plan Director, levou a cabo unha charla formativa para o alumnado de 5º e 6º de primaria sobre Violencia de Xénero.


O principal obxectivo deste Plan é facilitar ós nenos e nenas e adolescentes toda a información necesaria para:

-Previr conductas antisociais e machistas.
-Así como ser capaces de detectar este tipo de comportamentos.
-E dolalos de mecanismos para responder rápida e eficazmente ante situacións de violencia de xénero ou de calquera tipo de violencia que teña a súa orixe no sexismo.