CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

viernes, 20 de mayo de 2022

Saída Pontevedra e Marín

O 20 de maio de 2022, con gran ilusión dispuxémonos destino a Pontevedra para visitar a cidade.

A continuación esperábamos Cesar no seu taller de intrumentos onde quedamos encantados coa dedicación e entrega que dá ao mundo da música tradicional, realmente de mérito esta labor.

Foi momento despois de recuperar enerxía no Lago de Castiñeiras onde desfrutamos dun merecido xantar nesta contorna tan acolledora.

Rematamos a xornada con multitude de aventuras no Ecoparque de Marín, agasallo da ANPA do CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS.

Queda mostra do ben que o pasamos nesta xornada na seguinte presentación.



domingo, 15 de mayo de 2022

Día da Familia 2022

 O 15 de maio celébrase o día da familia. Así nos dispuxemos a elaborar unhas galletas de avea, arándanos, améndoas e chocolate branco para levarlles e poder parar un bo en compaña dos nosos seres queridos.

Así nos sentimos, UNHA GRAN FAMILIA... celebrémolo.



miércoles, 11 de mayo de 2022

Plan Director. Exhibición Garda Civil - Tráfico - Seprona.

 A través do Plan Director de Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e o seu Entorno recibimos a visita da Garda Civil, Tráfico e Seprona.

Fixéronnos unha exhibición dos seus vehículos e asesoráronnos para unha educación vial segura.

Poder recordar o momento imitando o manexo destes vehículos fai que o vexamos moi interesante. 




miércoles, 4 de mayo de 2022

MUSICAL - MUSEO - LALÍN

 Hoxe, mércores 4 de maio de 2022 desprazámonos a Lalín para asistir ao musical de "La flauta Mágica" coñecemos así un pouco máis a Mozart e a súa obra.

Ao rematar merendamos no parque que está ao lado do salón teatro de Lalín e rápidamente tiñamos asistimos á cita que tiñamos no museo para ver a  exposición conmemorativa do ano Laxeiro. Contemplamos así as súas obras máis representativas e fomos artistas Laxeiros e Laxeiras por uns instantes.