CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

viernes, 14 de julio de 2023

Un ata sempre para os alumnos de 6º

Chicos, isto non é unha despedida xa que o cole que vos víu medrar os primeiros anos da vosa vida aquí queda desexando que volvades sempre que teñades oportunidade...

Polo momento, só desexarvos MOITA SORTE NA NOVA ETAPA !!!

QUÉRESEVOS!!!



jueves, 13 de julio de 2023

 MADRID. XUÑO 23

Ilusión acumulada neste curso 2022_2023 para facer realidade o soño de saír xunt@s varios días a un lugar especial.

Escollemos Madrid para compartir vivencias e experiencias que non esqueceremos.

Dende ven cedo collemos o tren cara ao noso destino, adáptamonos ao apartamento e equipámolo con todo o necesario, visitamos o Parque do Retiro, viaxamos no bus turístico, coñecemos o Santiago Bernabeu, gozamos do musical de Matilda, chocolatería San Ginés, paseamos polas rúas principais da capital, catredral de la Almudena, Palacio Real...

Así nos cargamos de recordos que aquí vos deixamos resumidos en imaxes.



miércoles, 31 de mayo de 2023

 O GROVE 2023

Este curso saímos de excursión a O Grove; alí fixemos unha pequena viaxe en barco onde pudemos desfrutar das vistas da ría de Arousa, observar o fondo mariño, aprender as curiosidades que agochan as bateas e degustar mexilóns.

Despois visitamos a aldea Grobit na illa da Toxa onde pasamos un bo rato xogando ata a hora do xantar.

Rematamos a xornada na praia e calmamos a fame de merenda cun xeado refrescante.





jueves, 18 de mayo de 2023

 FESTIVAL DAS LETRAS 2023

O martes 16 de maio celebramos o Festival das Letras. Anticipárono semanas de preparación, ensaios, organización, estudo, ilusión, risas, nervios e ese sentimento de festa nos acompañou ese día... 

Xa pensando no próximo... que estas ganas de festa medren en nós...!!!!



miércoles, 17 de mayo de 2023

O MAIO 

O mestre Guti guiounos para a elaboración deste Maio tan fermoso. 

Xestas, carrascos, fentos, fiúnchos, bugallos, rosas, papoulas, margaridas, ovos, laranxas ... fixeron a combinación perfecta.

Creatividade, aprendizaxe, cooperación, ilusión, compañeirismo, unión ... axudáronnos tamén a conseguilo.

Unha experiencia nova que de seguro repetiremos para os próximos cursos...





martes, 2 de mayo de 2023

 Educación física na rúa!!!!

Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva tivemos un día especial desfrutando de xogos de Educación Física organizados pola mestra Noelia na praza do pobo...  

O noso favorito... O PARACAÍDAS!!!

 Que sempre dá xogo a moita pillería... e así foi...



viernes, 21 de abril de 2023

 Día do Libro 2023

Escollemos os libros máis fermosos para os nos@s amig@s do colexio e entragámosllos como agasallo neste día. 

A desfrutar desta lectura dedicada con tanto agarimo...!!!



viernes, 31 de marzo de 2023

 Buscamos os oviños de Pascua!!!

Un coelliño agochounos un montón de oviños na praza e tivemos que atopalos.

Non foi tarefa nada doada pero finalmente conseguímolo e puidemos degustar ese saboroso chocolate...

QUE LARPEIR@S!!!!



jueves, 30 de marzo de 2023

Brinca Vai!!!!!!

Despedimos o 2º trimestre coa compaña de Paco Nogueiras...
A bailar sexa dito!!!

martes, 28 de marzo de 2023

Poñendo a punto o horto escolar....

Xornada de traballo para preparar o noso horto.
Gracias ANPA pola voso bo facer e a vosa entrega.
Desfrutaremos xunt@s da colleita.

martes, 7 de marzo de 2023

Proxecto de Vida Activa e Deportiva. PATINAXE

Xornada de exhibición de patinaxe por parte do Club Aehde de O Carballiño.

Apredemos os elementos básicos e pasámolo xenial!!!


 


viernes, 24 de febrero de 2023

 ENTROIDO 2023

A volta ao mundo deixa no colexio de Dozón a visita de chineses, chinesas, hindús, exipcias e exipcios...

Lardeiro, Lardeira, O Meco Conserxe e as súas comandas de obrigado cumprimento, fulión, música, baile, sobremesa, testamento dos bens máis prezados do Meco e ... festa... 

MOITA FESTA...!!!!



viernes, 10 de febrero de 2023

jueves, 9 de febrero de 2023

Multideporte no colexio de Dozón.

Estreando pista multideporte ben acolledora cun partidiño de baloncento...
Desfrutarémola de seguro en boa compañía... Que non falte a diversión... Mañá unha ao tenis??? 

viernes, 3 de febrero de 2023

A Paz é o camiño

Dende o colexio de Dozón contribuímos a que a única vía efectiva para lograr unha boa convivencia na sociedade sexa a resolución pacífica dos conflitos e actuacións que nos enchan de solidariedade e compañeirismo. Aquí deixamos mostra destas xornadas pola NON VIOLENCIA e a PAZ.









miércoles, 25 de enero de 2023

Programa afectivo-sexual.

No día de hoxe dá comezo o programa afectivo sexual proposto dende o Departamento de Orientación. Da man da nosa orientadora en varias sesións presentaranse temas relacionados coa afectividade e sexualidade. Resolveremos tamen as dúbidas que nos abordan...

lunes, 9 de enero de 2023

 Nadal 2022/2023

Un aniño máis celebramos o Nadal coa

nosa familia do colexio.

Celébreno con nós.

Saudiños.