CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

lunes, 25 de octubre de 2021

Mural outonal

 


Así nos quedou decorada a entrada do colexio cunha temática mui outonal. Fixemos unha morea de composicións e colages empregando follas e froitos de outono que recollimos durante o noso roteiro. As máis cativas fixeron unhas castañas ben chulas empregando plastilina e mais unhas composicións ben artísticas con pintura de dedos. 



Tamén fixemos unha mostra cos cogumelos que atopamos durante a nosa saída e que acabou dando paso a esta incrible exposición de cabazas que decoramos na actividade da ANPA e que xa nos anuncia a chegada do Samaín!







viernes, 22 de octubre de 2021

Roteiro de outono

Non hai nada como disfrutar da natureza en pleno outono. É cando máis bonitas se poñen as nosas fragas, amosando toda unha chea de cores e arrecendos que fan do paseo unha experiencia irrepetible. E dende logo non hai mellor xeito de demostrar todo isto que dicimos que vendoo en vivo e en directo.
Así que o pasado Martes 19 enfundamos botas e "botámonos ao monte", como se soe dicir. Fixemos un roteiro ata o Coto da Mámoa onde hai unha pequena fraga chea de carballos e castiñeiros para experimentar a través dos nosos sentidos a maxia do Outono. 
Quixemos tamén compartir convosco un petisco do que foi a nosa aventura, así que velaí tedes a proba do ben que o pasamos.
Agardamos que vos guste!


 

viernes, 8 de octubre de 2021

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade no CEIP Pío Cabanillas Gallas e no seu contorno.

Hoxe tivemos a sorte de asistir a unha charla informativa sobre a temática dos riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais.


Aprendemos moito e de seguro empregarémolas con sentidiño... !!!!!!!