CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

jueves, 18 de noviembre de 2021

 “O Chineiro da Tía María”

Cantos contos gardaba o Chineiro da tía María que nos achegou ao colexio de Dozón XANDOBELA, contacontos subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Grazas Chus, ata a próxima...



jueves, 4 de noviembre de 2021

 Día Terrorífico no Colexio de Dozón 
celebrando o Samaín 2021. 
Aquí podedes velo...



lunes, 25 de octubre de 2021

Mural outonal

 


Así nos quedou decorada a entrada do colexio cunha temática mui outonal. Fixemos unha morea de composicións e colages empregando follas e froitos de outono que recollimos durante o noso roteiro. As máis cativas fixeron unhas castañas ben chulas empregando plastilina e mais unhas composicións ben artísticas con pintura de dedos. 



Tamén fixemos unha mostra cos cogumelos que atopamos durante a nosa saída e que acabou dando paso a esta incrible exposición de cabazas que decoramos na actividade da ANPA e que xa nos anuncia a chegada do Samaín!







viernes, 22 de octubre de 2021

Roteiro de outono

Non hai nada como disfrutar da natureza en pleno outono. É cando máis bonitas se poñen as nosas fragas, amosando toda unha chea de cores e arrecendos que fan do paseo unha experiencia irrepetible. E dende logo non hai mellor xeito de demostrar todo isto que dicimos que vendoo en vivo e en directo.
Así que o pasado Martes 19 enfundamos botas e "botámonos ao monte", como se soe dicir. Fixemos un roteiro ata o Coto da Mámoa onde hai unha pequena fraga chea de carballos e castiñeiros para experimentar a través dos nosos sentidos a maxia do Outono. 
Quixemos tamén compartir convosco un petisco do que foi a nosa aventura, así que velaí tedes a proba do ben que o pasamos.
Agardamos que vos guste!


 

viernes, 8 de octubre de 2021

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade no CEIP Pío Cabanillas Gallas e no seu contorno.

Hoxe tivemos a sorte de asistir a unha charla informativa sobre a temática dos riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais.


Aprendemos moito e de seguro empregarémolas con sentidiño... !!!!!!!




viernes, 24 de septiembre de 2021

REPRESENTAMOS OS MOVEMENTOS DA TERRA

@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria representamos os movementos da Terra e as súas consecuencias.
Sabemos que O MOVEMENTO DE ROTACIÓN dá lugar ao día e á noite e O MOVEMENTO DE TRANSLACIÓN orixina as estacións do ano.        🌍🌞🌛🌈










martes, 22 de junio de 2021

 DESPEDIMOS O CURSO 20/21

Un curso complexo de iniciar pero gracias aos nos@s nenos e nenas levouse moi ben... 

Momento de despedir aos alumn@s de 6º de Educación Primaria, desexámosvos MOITA SORTE no novo destino que vos toque e ante os novos retos aos que vos enfrentedes.

Que sempre recordedes este colexio dun xeito especial igual que nós a vós...

Volvede a vernos !!!!



viernes, 18 de junio de 2021

 GRAZAS ANPA ...

@s alumn@s, as colaboradoras de comedor, a cociñeira e @s mestr@s agradecemos a entrega destas mascarillas tan orixinais que nos regalastes...

Recoñecemos e valoramos a vosa implicación e decicación para que se acaden logros que sen vós non eran posibles.

SEGUIMOS EN CONTACTO PARA FUTUROS PLANS CONXUNTOS.

GRAZAS POR CONTINUAR AÍ



miércoles, 16 de junio de 2021

 FESTIVAL DAS LETRAS 2021 

Un Festival das Letras 2021 direfente ao que todo@s desexabamos... pero facíannos moita falta pasar estes bos momentos. 


Esperamos que o desfrutedes igualmente...



lunes, 7 de junio de 2021

FROITA NO RECREO. MAIO 2021

Hoxe comezamos a semana da FROITA NO RECREO  con... CEREIXAS... !!!! Gustáronnos moito... poderemos repetir outro día...????

jueves, 27 de mayo de 2021

Dominó FRACCIÓNS DECIMAIS

Hoxe aproveitando que os nosos compañeir@s 6° foron visitar o IES Laxeiro xogamos ao dominó de fraccións e decimais na hora de matematicas. FOI MOI DIVERTIDO!!!!!

lunes, 26 de abril de 2021

 Día do Libro - Día da Árbore 2021

Da man de Viravolta con "O galo Quirico" dende a Costa do Navallo... festexamos o Día do Libro e o Día da Árbore...

Facía tempo que non tiñamos estas sensacións que nos fan desfrutar tanto... 

Nena, perdoa se cho pido

un pouco pan de millo

que doutro non o hai...




viernes, 16 de abril de 2021

FROITA E LÁCTEOS NO RECREO 2021

Neste 2º trimestre desfrutamos do programa "Froita e lácteos no recreo" da Consellería de Medio Rural en colaboración con FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) que ten como obxectivo potenciar entre os rapaces e rapazas o consumo de froita e leite, creando así hábitos alimenticios que conduzan ao desenvolvemento dunha vida saudable.

Gracias Rocío por quentarnos o leite cun pouquiño de cacao, así sabía mellor.

REPETIMOS NO 3º TRIMESTRE!!!!!



lunes, 8 de marzo de 2021

 Día Internacional da Muller. 

8 de marzo de 2021

Homenaxe ás nosas mamás, madriñas, amigas, avoas, tías, profes, irmás... as mulleres máis importantes, máxicas, bonitas, preciosas, especiais, buenas ... das nosas vidas...

GRAZAS POR COIDARNOS, DARNOS A VIDA, QUERERNOS, AXUDARNOS...!!!



viernes, 12 de febrero de 2021

 ENTROIDO 2021

Un Entroido diferente pero non menos especial. 

Pasámolo moi ben na BATUCADA. 

Grazas profe DIEGO!!!



lunes, 1 de febrero de 2021


AGASALLO CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS


O Centro Comercial Pontiñas agasállanos cun lote de libros valorado en 200 € por participar no concurso de debuxos de Nadal 2020. MOITAS GRACIAS... Seguro que os desfrutaremos moito.

sábado, 30 de enero de 2021

jueves, 14 de enero de 2021

 PREMIO DEBUXO DE NADAL 

CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS

No día de hoxe, comunícannos que dúas alumnas de 6º de E. Primaria foron finalistas do concurso de Debuxos de Nadal do C. Comercial Pontiñas de Lalín.

PARABÉNS LIDIA E TANIA!!!!  BEN MERECIDO O AGASALLO ESPECIAL!!!

O colexio recibirá ademais 200 € en libros de lectura.

Gracias á comunidade educativa do CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS pola súa implicación nesta oportunidade. 

Gracias ao CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS por contar con nós un ano máis.