CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

miércoles, 31 de mayo de 2023

 O GROVE 2023

Este curso saímos de excursión a O Grove; alí fixemos unha pequena viaxe en barco onde pudemos desfrutar das vistas da ría de Arousa, observar o fondo mariño, aprender as curiosidades que agochan as bateas e degustar mexilóns.

Despois visitamos a aldea Grobit na illa da Toxa onde pasamos un bo rato xogando ata a hora do xantar.

Rematamos a xornada na praia e calmamos a fame de merenda cun xeado refrescante.





jueves, 18 de mayo de 2023

 FESTIVAL DAS LETRAS 2023

O martes 16 de maio celebramos o Festival das Letras. Anticipárono semanas de preparación, ensaios, organización, estudo, ilusión, risas, nervios e ese sentimento de festa nos acompañou ese día... 

Xa pensando no próximo... que estas ganas de festa medren en nós...!!!!



miércoles, 17 de mayo de 2023

O MAIO 

O mestre Guti guiounos para a elaboración deste Maio tan fermoso. 

Xestas, carrascos, fentos, fiúnchos, bugallos, rosas, papoulas, margaridas, ovos, laranxas ... fixeron a combinación perfecta.

Creatividade, aprendizaxe, cooperación, ilusión, compañeirismo, unión ... axudáronnos tamén a conseguilo.

Unha experiencia nova que de seguro repetiremos para os próximos cursos...





martes, 2 de mayo de 2023

 Educación física na rúa!!!!

Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva tivemos un día especial desfrutando de xogos de Educación Física organizados pola mestra Noelia na praza do pobo...  

O noso favorito... O PARACAÍDAS!!!

 Que sempre dá xogo a moita pillería... e así foi...