CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

viernes, 22 de abril de 2022

Día do Libro 2022.

Co motivo do Día do Libro achágase ao noso colexio o xornalista e escritor Manuel Reyredactor no portal GCiencia
Traballou en varias etapas en La Voz de Galicia e Radio Voz e en 2017 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Científico por unha reportaxe sobre a Ataxia da Costa da Morte, tema que viu a luz no libro El mal sin cura de la Costa da Morte. (2019).
Coautor ademais de Pioneiras da ciencia en Galicia (2021) fainos conscientes no camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa Igualdade, tamén no eido científico. 
As mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas… todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio…
Ambos exemplares, agasallos que nos fixo chegar, quedan a bo recaudo na biblioteca do CEIP Pío Cabanillas Gallas.
Gracias Manuel por virnos facer partícipes das túas experiencias. 
Gracias ANPA por ofrecernos a posibilidade de contar con persoas tan profesionais e tan agradables no trato que tanto nos aportan ás nosas aprendizaxes.