Este ano no Samaín pasámolo moi ben,
podédelo ver nestes dous vídeos.
O primeiro é un flashmob protagonizado por todo o centro:
O segundo é o conxuro de chuches que fixemos na biblioteca, a letra do conxuro é moi orixinal e modificárona os alumnos e alumnas da UM2 coa súa mestra:
O Noso Conxuro
Mouchos,
curuxas, sapos e bruxas,
Mestres,
alumnos, esqueletos e curas,
Espíritos
dos nevoados montes,
Nenos,
nenas e maiores,
Feitizos
da cociñeira
Que
anda pola cociña lixeira.
Lume da Santa Compaña, negro meigallo,
Cheiro dos mortos, tronos e raios.
Peidos atufantes dos nenos
Cando se xuntan pra espantar o medo.
Cabezas ocas dos despistados,
Uñas porcas dos nenos mal lavados.
Con esta culler remexerei
A
sangue, os vermes e caracois que aquí botei.
Vermes longos e ben mantidos,
Linguas
de corvos que os deixaron lambidos.
¡Oíde, oíde! Oíde os berros,
Que dan os nenos, o ir ó recreo.
Por papar correndo, por papar deprisa,
Poñéndose malos, rebentándolle as tripas.
E pra cando esta mistura
Baixe polos nosos corpiños
Quedaremos libres dos mestres,
E de todo suspenso.
Forzas do ar, terra, mar e lume
Con vos comparto estas larpeiradas.
Se é verdade que tedes máis forza
Que estes cativeiros nenos
Eiquí e agora
facede que os espíritos
transformen esta pócema noxenta,
nunha larpeirada suculenta.
E despois de remexer e remexer,
Isto tedes que comer
Se non queredes suspender!!!
JAJAJA
CEIP Pío Cabanillas Gallas