CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

martes, 25 de octubre de 2016

O SAMAÍN NO COLEXIO DE DOZÓN 2016/2017

O 28 de Outubro do 2016 imos celebrar o Samaín no colexio e necesitamos prepararnos para a celebración!



 Os primeiros en comezar fomos os rapaces e rapazas da UM2 (4º,5º e 6º), para iso puxéronos a seguinte presentación:

                     



Unha vez que debatimos sobre o que queriamos saber, subimos a nosa aula de informática para comezar a procura de información. Traballamos por parellas e cada un encargouse dun tema para logo facer unha posta en común.


Pablo e Iker encargábanse de buscar a orixe do Samaín e o significado da palabra para saber de onde provén esta festa.

María e Diana buscaron porque a xente se disfraza no Samaín e porque deixamos cabazas con luz e comida nas portas.

Antonio e Hugo toparon refráns, adiviñas e cancións moi pegadizas que falaban desta festa.

Carlos e María buscaron como facer a mellor cabaza e boneca de millo.


 Así traballamos e manexamos os ordenadores....






Descubrimos moitas cousas sobre o Samaín e decidimos compartir algunhas con todo o colexio





Os rapaces da UM1 (1º,2º e 3º) tamén aprendimos moitas cousas sobre o Samaín coa seguinte  presentación: