CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

domingo, 2 de octubre de 2016

Curso 2018-19

HORARIO DIRECCIÓN.



LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:30-10:25
Dirección
Dirección
Dirección
Dirección
Dirección
10:25-11:20




Dirección
11:20-11:50
RECREO
11:50-12:40





12:40-13:30




Dirección
13:30-15:00
COMEDOR
15:00-16:00





 Na medida do posible , RESPECTEN este horario de atención xa que noutras sesións a directora estará atendendo ó alumnado.
  -No caso de non poder axustarse a este horario chamen por teléfono ó 986 78 04 72, ou deixen unha mensaxe no WhatsApp do centro 676 957 314.

Pídeselles que fagan uso do TIMBRE situado na porta principal e esperen a ser atendidos respectando o horario do centro e o horario de dirección para interromper o menos posible o traballo nas aulas.


PROFESORADO DO CENTRO:
Patricia Cuñarro Mosteiro: titora de 4º e 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria (Unidade Mixta 1)
Cristina Lorenzo Suárez: titora de 2º e 3º de Educación Primaria (Unidade Mixta 2) e directora do centro
Mª Teresa Rodríguez Vázquez: titora de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (Unidade Mixta 3) e especialista en Educación Física.
Ana Mª Novóa Vázquez: Especialista de Inglés, impartirá plástica na UM2 e UM3 e Lingua Galega e Lingua Castelá en 1º de Educación Primaria.

Profesorado itinerante:
Marta Mata Ares, especialista en Audición e Linguaxe (asiste ó centro os luns e mércores)
D. José Ramón Pena Taboada, imparte a área de Relixión os venres e a primeira sesión dos mércores.
D. Vanessa Torres Rivadulla: especialista en Educación Musical e apoio á U.M.2 e U.M.3. (asiste ó centro os martes e xoves).
María Rodríguez García: Xefa do Departamento de Orientación (asiste ó centro os mércores). 

ACTIVIDADES LECTIVAS E COMEDOR ESCOLAR.
As clases e o servizo de comedor comezaron o 12 de setembro e continuarán ata o 21 de xuño, ambos inclusive.  

PERIODO DE VACACIÓNS.  
Vacacións de Nadal: desde o día 21 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019.  
Entroido: días 4 , 5 e 6 de marzo de 2019.  
Semana Santa: dende o día 15 de abril ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.  
Días non lectivos: Os declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, así como os de ámbito local que por coincidir en periodo de vacacións neste concello, o colexio solicitounos para os días: venres 2 de novembro e luns 20 de maio de 2019. Ademais dos anteriores establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo o día 7 de decembro de 2018.  

XORNADA CONTINUA/XORNADA PARTIDA.
Durante o mes de setembro e xuño a xornada lectiva será continua, só de mañá, contando igualmente con servizo de comedor. No resto do ano a xornda será partida e desenvolverase ao longo de mañá e tarde.  

TITORÍAS OU ATENCIÓN A PAIS/NAIS.
O horario de atención a pais/nais será todos os martes de 16:15h a 17:15h. Cando queiran falar con titor/a do seu fillo deberán chamar por teléfono ou ben enviar unha nota para confirmar a cita e evitar que por calquera razón non poidan ser atendidos.

ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO
-Se o alumno/a non pode asistir ás clases deberá XUSTIFICAR a falta por TELÉFONO (o propio día) e por ESCRITO o día que se incorpore.

-Se o alumno/a se vai ausentar durante parte da xornada lectiva deberá AVISAR CON ANTELACIÓN por teléfono ou por escrito.

-Deberá ademais deixar constancia de que recollen o neno/a en horario escolar coa FIRMA DUN IMPRESO, só o poderán recoller as persoas AUTORIZADAS.

-Se o alumno/a chega tarde deberá xustificar a FALTA DE PUNTUALIDADE cubrindo un impreso.

-A recollida ou entrega do alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria será na porta principal. Pídeselles que fagan uso do TIMBRE situado na porta principal e esperen a ser atendidos.

-A recollida ou entrega do alumnado de E. Infantil e 1º de E. Primaria será na porta da súa aula.