jueves, 22 de diciembre de 2016
Concurso de postais e adornos de Nadal
Este ano os gañadores do concurso de postais e adornos de Nadal foron:
Diana (UM2), Daniel (UM1) e Martín (Infantil)
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!
martes, 20 de diciembre de 2016
viernes, 16 de diciembre de 2016
INVITACIÓN PARA O FESTIVAL DE NADAL 2016
Dende o CEIP Pío Cabanillas Gallas desexámoslles unhas BOAS FESTAS e convidámolos ó FESTIVAL DE NADAL que terá lugar o mércores día 21 ás 11:00 da mañá.
sábado, 26 de noviembre de 2016
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o día Internacional contra a violencia de
xénero. E para iso, realizamos varias actividades. Entre elas, elaboramos un mural para amosar a nosa repulsa ante a violencia, onde participou todo o
alumnado do centro. O lema foi:
“UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”
sábado, 19 de noviembre de 2016
QUEREDES VER O BEN QUE SE PASA NO COLEXIO DE DOZÓN?
NON VOS PERDADES O BEN QUE O PASAMOS ESTE ANO NO MAGOSTO....
AS NOSAS CARAS DINO TODO!
viernes, 11 de noviembre de 2016
MAGOSTO 2016
Hoxe celebramos o Magosto no colexio
Ás 13:00 acudiremos á estrea do Flashmob do Samaín e do conxuro de chuches na biblioteca!
Que nervios!
Ás 13:30 comeremos unha deliciosa comida de magosto
Ás 14:30 faremos a degustación das castañas e deseguido xogos populares ata as 16:00
Pronto poderedes ver o ben que o pasamos aproveitando os froitos que nos dá o outono!
Flasmob Samaín 2016
Este ano no Samaín pasámolo moi ben,
podédelo ver nestes dous vídeos.
O primeiro é un flashmob protagonizado por todo o centro:
O segundo é o conxuro de chuches que fixemos na biblioteca, a letra do conxuro é moi orixinal e modificárona os alumnos e alumnas da UM2 coa súa mestra:
O Noso Conxuro
Mouchos,
curuxas, sapos e bruxas,
Mestres,
alumnos, esqueletos e curas,
Espíritos
dos nevoados montes,
Nenos,
nenas e maiores,
Feitizos
da cociñeira
Que
anda pola cociña lixeira.
Lume da Santa Compaña, negro meigallo,
Cheiro dos mortos, tronos e raios.
Peidos atufantes dos nenos
Cando se xuntan pra espantar o medo.
Cabezas ocas dos despistados,
Uñas porcas dos nenos mal lavados.
Con esta culler remexerei
A
sangue, os vermes e caracois que aquí botei.
Vermes longos e ben mantidos,
Linguas
de corvos que os deixaron lambidos.
¡Oíde, oíde! Oíde os berros,
Que dan os nenos, o ir ó recreo.
Por papar correndo, por papar deprisa,
Poñéndose malos, rebentándolle as tripas.
E pra cando esta mistura
Baixe polos nosos corpiños
Quedaremos libres dos mestres,
E de todo suspenso.
Forzas do ar, terra, mar e lume
Con vos comparto estas larpeiradas.
Se é verdade que tedes máis forza
Que estes cativeiros nenos
Eiquí e agora
facede que os espíritos
transformen esta pócema noxenta,
nunha larpeirada suculenta.
E despois de remexer e remexer,
Isto tedes que comer
Se non queredes suspender!!!
JAJAJA
CEIP Pío Cabanillas Gallas
sábado, 29 de octubre de 2016
CONCURSO DE CABAZAS E BONECAS DE MILLO 2016/2017
Uns días antes da celebración do Samaín colgáronse os resultados no taboleiro
Hoxe venres 28 chegou o día e por fin ese papel se destapou
A entrega de premios foi moi emocionante e estabamos moi nerviosos
Na categoría de Educación Infantil os premios foron para
Na categoría da UM1 os premios foron para
Na categoría da UM2 os premios foron para
Ademais houbo un premio por aula porque todos o fixemos xenial
jueves, 27 de octubre de 2016
CONCURSO ANUAL DE CABAZAS E MAZAROCAS 2016/2017
CONCURSO ANUAL DE
CABAZAS E MAZAROCAS 2016
Este ano no CEIP Pio Cabanillas Gallas os nenos/as xunto
coas súas familias participaron no concurso anual de bonecas de millo e
cabazas.
Houbo unha gran participación, e como non, as creacións
foron impresionantes.
A continuación podedes ver un vídeo con todas as bonecas de millo e outro coas cabazas deste ano.
miércoles, 26 de octubre de 2016
O noso cole dá medo!
Nesta semana estamos a decorar o centro para a realización dun flashmob
Decidimos decorar as portas do cole...
A porta da biblioteca
A porta de Educación Infantil
Unidade Mixta 1
Unidade Mixta 2

Gústanvos??
Pois aínda queda máis.... a continuación veredes como transformamos o colexio nun lugar terrorífico
Suscribirse a:
Entradas (Atom)