CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

viernes, 14 de julio de 2023

Un ata sempre para os alumnos de 6º

Chicos, isto non é unha despedida xa que o cole que vos víu medrar os primeiros anos da vosa vida aquí queda desexando que volvades sempre que teñades oportunidade...

Polo momento, só desexarvos MOITA SORTE NA NOVA ETAPA !!!

QUÉRESEVOS!!!



jueves, 13 de julio de 2023

 MADRID. XUÑO 23

Ilusión acumulada neste curso 2022_2023 para facer realidade o soño de saír xunt@s varios días a un lugar especial.

Escollemos Madrid para compartir vivencias e experiencias que non esqueceremos.

Dende ven cedo collemos o tren cara ao noso destino, adáptamonos ao apartamento e equipámolo con todo o necesario, visitamos o Parque do Retiro, viaxamos no bus turístico, coñecemos o Santiago Bernabeu, gozamos do musical de Matilda, chocolatería San Ginés, paseamos polas rúas principais da capital, catredral de la Almudena, Palacio Real...

Así nos cargamos de recordos que aquí vos deixamos resumidos en imaxes.



miércoles, 31 de mayo de 2023

 O GROVE 2023

Este curso saímos de excursión a O Grove; alí fixemos unha pequena viaxe en barco onde pudemos desfrutar das vistas da ría de Arousa, observar o fondo mariño, aprender as curiosidades que agochan as bateas e degustar mexilóns.

Despois visitamos a aldea Grobit na illa da Toxa onde pasamos un bo rato xogando ata a hora do xantar.

Rematamos a xornada na praia e calmamos a fame de merenda cun xeado refrescante.





jueves, 18 de mayo de 2023

 FESTIVAL DAS LETRAS 2023

O martes 16 de maio celebramos o Festival das Letras. Anticipárono semanas de preparación, ensaios, organización, estudo, ilusión, risas, nervios e ese sentimento de festa nos acompañou ese día... 

Xa pensando no próximo... que estas ganas de festa medren en nós...!!!!